Últimas prazas do autobús para a Copa Galicia

A Coruña, 6 de setembro de 2018.- O club Básquet Coruña conta aínda coas últimas prazas dispoñibles para o autobús que fretará para que todos os afeccionados que o desexen poidan acudir ao encontro de Copa Galicia que o noso Leyma Coruña xogará este venres ás 20.00 horas ante o COB Ourense.

 O autobús sairá ás 17.30 horas da Chaira de Riazor e o prezo será de 10 euros adultos e 6 euros nenos, no que se inclúe, viaxe de ida e volta, entrada, bocadillo, auga e unha bufanda oficial laranxa.

 Para todos os interesados en anotarse só é necesario para formalizar a inscrición pasarse polas oficinas do club, situados en Arquitecto Rei Pedreira 3, baixo, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

 Animamos a todos os afeccionados laranxas a apuntarse a un desprazamento no que, ademais de gozar dun partido de baloncesto de nivel, poderán coñecer de primeira man ás novas incorporacións laranxas de face ao curso que empezará proximamente.