O Leyma Natura viaxa a Ourense a por a vitoria

Unha vitoria en Ourense garántenos a sexta praza e, se o Oviedo fallase fronte ás Cociñas.com daríanos a quinta posición.
O Ourense Termal é un moi bo equipo, formados por xogadores con experiencia na liga. A semana pasada han garantido a permanencia ao vencer ao Barça “B” a domicilio.
O equipo está formado por dúas bases de garantías como son Pedro Rivero e Álvaro Froitos, entre os dous repártense os minutos con máis protagonismo para o primeiro con 27 minutos de media por partido. A liña exterior está formada por xogadores moi talentosos e con moita capacidade para xogar situacións dun contra un e tiro exterior, o ex Lucentum Rafa Hortas, o tirador Luettgerodt, Edu Martínez e Zamroz. O xogo interior, tras a marcha esta semana de Roberto Morentín, queda formada por Jonathan Kale, Carter, Iván García e Rutkauskas.
O Leyma debe de tentar gañar o partido xa que de lograr a vitoria aseguraría a 6ª posición e mesmo optaría á 5ª a condición de que o Oviedo perda en Logroño. De non vencer en Ourense podería perder esta 6ª praza e dar outras posibilidades: O Leyma sería 6º se: perde Cociñas.com, 7º se gaña Cociñas.com e perde Huesca e mesmo podería caer á 8ª posición se gañan Cociñas.com e Huesca.