O Leyma Coruña leva un vibrante derbi ante o COB (77-75)

O Leyma Coruña impúxose ao COB Ourense, nun emocionante derbi que se decidiu nos últimos minutos.

Tras un primeiro cuarto de baixa anotación no que os herculinos se ían tres abaixo (15-18), chegaba un segundo acto marcado polo acerto exterior de xogadores como Daniel Trist, ao que trataba de responder, pero na pintura, Sergio Olmos. Os laranxas íanse un abaixo ao descanso tras anotar un triplo sobre a bucina (33-34).

Tras o receso entraban mellor no partido os xogadores de Gonzalo García, que asinaban un 3-15 (36-49). Os coruñeses volvían meterse no partido grazas á achega de homes como Chuku, Torres, Sonseca ou Cooney (52-55).

No último cuarto seguía máis entoado o COB que tras un triplo de Uzas puña ao seu equipo sete arriba nos últimos minutos do duelo (63-70). Era entón cando enerxía a forza de xogadores como Olmos, moi importante no rebote nos dous aros e Monaghan. O de Illinois, arroupado polo gran traballo de todo o equipo, protagonizaba uns minutos de ilusión, con dous triplos case consecutivos, un deles con tiro libre adicional. Unha vitoria de moita suor dos laranxas (77-75) ante un equipo en clara liña ascendente, como o atesouraban o seu cinco vitorias seguidas.

O próximo partido dos coruñeses en casa será o venres 16 de febreiro ás 21.00 horas ante o CB Prat.

Foto de familia, fotos de equipos e individuais e desfile

Durante toda a xornada todos os integrantes dos equipos que conforman a canteira laranxa pasáronse polo Palacio para sacarse as fotos individuais, para os cromos, e as fotos de equipo que proximamente estarán colgadas no apartado de equipos basee. Así mesmo, todos os xogadores puxéronse unha calcomanía co escudo do Básquet Coruña e o valor escollido relacionado co baloncesto: esforzo, respecto, diversión?

Antes do inicio do choque realizouse a tradicional foto de familia con todos os equipos, incluído a LEB Ouro, e no descanso do choque todos os conxuntos laranxas desfilaron na pista nunha gran xornada para a nosa canteira. Moitas grazas a todos por participar!