Mikel Sanz, novo xogador do Leyma Coruña

A Coruña 13 de Xullo de 2021. O beirado guipuscoano Mikel Sanz (1.95m e 22 anos) convértese en novo xogador do Leyma Coruña para a tempada 2021-2022. O mozo xogador chega ao noso equipo procedente de Melilla Sport Capital, tras callar unha boa tempada na súa estrea na Leb Ouro.

Mikel iniciou a súa formación nas categorías inferiores do Easo Saskibaloi Taldea, club co que participou en Liga EBA sendo junior, e onde permaneceu ata a tempada 2017-2018, tempada na que debuta en ACB con Guipuzcoa Basket. As seguintes 2 tempadas participou en Leb Prata (18-19 Iraurgi Saski, e 19-20 C.D.Ronsel), clubs nos que continúa o seu desenvolvemento como xogador. O seu bo rendemento na categoría, permítelle subir un banzo máis para enrolarse a tempada pasada nas filas de Melilla Baloncesto.

Sanz é un xogador novo con proxección que xoga na posición de beirado, cuxa capacidade física lle converten nun gran defensor. Ofensivamente destaca especialmente pola súa intuición e intelixencia táctica, e habilidade para capturar rebotes.

Desde o Básquet Coruña S.A.D. queremos trasladar ao xogador a nosa satisfacción pola súa incorporación ao noso club e desexámoslle moita sorte para esta tempada, na que a afección laranxa poderá gozar de grandes partidos e un bonito espectáculo cada xornada en #OFornoDeRiazor.

Campaña de Abonados ? Período Bonificado (ata 31/07)
Así mesmo, lembramos que se atopa aberto a campaña de abonos para a tempada 21/22, con interesantes vantaxes (pago en 2 prazos, prioridade asignación de butacas) e descontos en todas as localidades (ademais de incluír os abonos familiares estendidos aos avós) se se formaliza a subscrición antes do 31 de xullo. Pódese realizar a través da páxina web do Club www.basquetcoruna.com ou na oficina de Arquitecto Rei Pedreira 3, A Coruña. Teléfono; 981264022.