Ike Azotam defenderá as cores do Leyma Básquet Coruña na segunda volta da Leb Ouro

O Club Leyma Básquet Coruña anuncia o reforzo do seu xogo interior coa incorporación da á pivote Ike Azotam, xogador de nacionalidade nixeriana, que nas tempadas 2010 a 2014 competiu nas ligas universitarias da NCAA baixo a insignia da Quinnipiac University, de New Haven, no estado de Connecticut (USA).

Cunha altura de 202 cm e un físico portentoso, Ike Azotam vén cubrir o posto deixado polo pivote Vladi Orlov, achegando maior versatilidade ao equipo xa que pode xogar tanto de 4 como de 5. Ofrece unha notable capacidade reboteadora en ambos os lados do campo, algo que lle fixo destacar durante a súa etapa NCAA.

Outras cualidades de Azotam, que chega esta tarde á Coruña e que en xaneiro cumpre 25 anos, son a súa rapidez no 1x1 de face e os seus movementos de costas. Posúe boa capacidade de anotación, con notables porcentaxes nun rango de tiro a 4-5 metros.

Non é a súa primeira experiencia alén do océano, posto que na tempada 2014-2015 competiu en LEB Prata noutro equipo de Galicia, o Marín Peixegalego.

Con esta fichaxe Perico Díaz contará cun novo efectivo que apontoe o traballo na pintura que actualmente realizan Beqa Burjanadze, Sergio Olmos e Gediminas Zyle, buscando manter o bo nivel de xogo de todo o equipo e os resultados favorables das últimas xornadas, así como seguir loitando por entrar nos postos de playoff.

Traxectoria deportiva

2010-14 NCAA QUINNIPIAC UNIVERSITY CONNECTICUT. No seu último ano promedió, en 33 partidos xogados: 32 minutos, 16 puntos, 10 rebotes e 1 tapón.

2014-15 MARIN PEIXEGALEGO LEB PRATA

2015-16 ISLAND STORM NBL CANADA. Training camp.

ESTATÍSTICAS 2014-15 LEB PRATA EN 27 PARTIDOS E 27 MINUTOS POR PARTIDO: 13,6 Puntos, 6,6 Rebotes, 1 Asistencia, 1 Recuperación. (55% T.2 ) (25% T.3) (54% T.L.) 14 VAL.