Augustas Peciukevicius, un ano máis Leyma Coruña

A Coruña, a 11 de agosto de 2020.

O Club Básquet Coruña SAD anuncia a continuidade da base lituano Augustas Peciukevicius para a tempada 2020/21 tras o seu excelente primeiro ano nas filas do Leyma. Aínda que a súa renovación materializouse hai xa varias semanas e non colle por sorpresa á afección, este comunicado serve para confirmar a continuidade do director de xogo lituano.

Chegado cun contrato temporal ao Leyma o pasado mes de outubro para cubrir a lesión de longa duración de Mike DiNunno, a súa fortaleza defensiva, intelixencia táctica e capacidade de dirección convenceron desde o primeiro día ao corpo técnico e á afección, o que lle serviu para ampliar o seu contrato ata o final de tempada e finalizada esta, estendelo por unha máis. O seu rendemento nas filas laranxas xunto coa chegada tardía de Perris Blackwell macaron un cambio de rumbo na traxectoria do club na Leb Ouro 19/20. Tras iniciar a tempada con 2 derrotas consecutivas, a chegada na xornada 3 de Blackwell e a de Pecius na xornada 5, serviu para apontoar o equipo e comezar a encadear vitorias que o levaron a ocupar a terceira posición da clasificación no momento que se suspendeu a competición no mes de marzo.

O xogador está a realizar en Coruña desde o principio do verán exercicios de rehabilitación co equipo médico e preparador físico do club para restablecerse da cirurxía practicada en xuño nun dos seus nocellos. Pecius arrastraba desde decembro molestias derivadas da lesión que se produciu nunha entrada a canastra durante un encontro en #OFornoDeRiazor e da que esperamos estea recuperado para o inicio da competición

O club quere agradecer a Pecius a súa profesionalidade, a súa predisposición a continuar defendendo as nosas cores e desexarlle moito éxito na nova tempada, que a recado significará un éxito colectivo do que gocemos todos os afeccionados e seguidores do Leyma Básquet Coruña.

Abdou Thiam continuará a súa progresión nas filas do Leyma na tempada 2020/21.

Chegado o ano pasado procedente da liga EBA tras 3 anos no Club Santo Domingo Betanzos club onde destacou e creceu ano a ano, e tras unha primeira tempada de adaptación á categoría Leb Ouro, a tempada 20/21 preséntase para o mozo Abdou como unha oportunidade de ir puíndo detalles do seu xogo e de coñecemento táctico que lle permitan explotar as súas cualidades.

Durante a pasada tempada puido gozar de minutos onde mostrar pinceladas do seu potencial, con especial habilidade para capturar rebotes en ambos os lados da cancha e xogar por encima do aro. A nova tempada preséntase para Abdou como unha oportunidade para afianzar o aprendido o primeiro ano e sacar a relucir o traballo que estivo realizando durante o verán. Será de novo o máis novo do persoal e terá de referentes a grandes xogadores con dilatada experiencia no baloncesto profesional.

Desde o club queremos desexarlle a Abdou unha gran tempada, desexamos que siga traballando e formándose a nivel táctico e de entendemento do xogo para desenvolver toda a súa capacidade. E pedímoslle que saiba manter a cabeza fría para vencer as dificultades e reforce a súa ambición de seguir crecendo para transformar en éxito a súa incipiente carreira.