Alex Hernández, primeira incorporación do Leyma Coruña

A Coruña, 7 de xullo de 2021. O Leyma inicia a confección do persoal para a tempada 2021-22 coa contratación dun dos directores de xogo mais desexados polos equipos punteiros da Leb Ouro: Alex Hernández (1.90m e 31 anos). O xogador murciano, con ampla experiencia como director de xogo en ACB e Leb Ouro, convértese na primeira peza do ilusionante proxecto que ansía confeccionar Leyma para disputar a tempada 2021-22.

Alex Hernández debutou con tan só 17 anos no FC Barcelona da man de Dusko Ivanovic, tras incorporarse con 15 anos á disciplina dos equipos de formación da entidade catalá. Con 18 anos incorpórase ao CB Cornellá en Leb Prata, equipo co que ascende a Leb Ouro. As súas prestacións en Leb Ouro bríndanlle a oportunidade de consolidarse nun proxecto en ACB durante 6 tempadas no Assignia Manresa onde se converte en capitán do equipo. No ano 2016 márchase ao Dz?kija Alytus da primeira división Lituana, na que milita durante dúas tempadas promediando bos números. En xaneiro de 2018 firma co Stelmet Zielona Góra da liga polaca, equipo co que chega a disputar a Champions League. O tres últimas tempadas disputounas en LEB OURO dous delas en Palma, equipo co que disputa a final four de ascenso a ACB contra Bilbao Basket ao cabo vencedor, e a última no Real Murcia Baloncesto.

Alex é un gran director de xogo, que conta cunha gran capacidade para controlar o ritmo do partido e con moi bo coñecemento do xogo. É un xogador moi completo en situacións de bloqueo directo, capaz de anotar e de atopar boas opcións ofensivas para os seus compañeiros. Estamos ante unha base con carácter e ambicioso, e que, sen dúbida, axudaranos a dar un salto para ser máis competitivos.

Desde o club queremos trasladar ao xogador a nosa alegría pola súa incorporación ao noso persoal e desexámoslle moita sorte para esta tempada, na que oxalá a afección poida gozar de grandes partidos e un bonito espectáculo cada partido en #OFornoDeRiazor.

Campaña de Abonados ? Período Bonificado (ata 31/07)
Así mesmo, lembramos que se atopa aberta a campaña de abonos para a tempada 2021/22 con interesantes vantaxes (pago en 2 prazos, prioridade asignación butacas) e descontos abonos familiares estendidos a avós...), se se formaliza o primeiro prazo de pago antes do 31 de xullo. Pódese realizar a través da páxina web do Club www.basquetcoruna.com ou na oficina de Arquitecto Rei Pedreira 3, A Coruña. Teléfono; 981264022.