A Coruña será sede do circuíto sub 22 de baloncesto

A competición disputarase este sábado no Palacio dos Deportes de Riazor.

Nesta concentración,  o Básquet Coruña, estará adestrado por Héctor Piñeiro, adestrador do equipo infantil feminino do Club durante a tempada e que obtivo o ascenso á primeira división infantil feminina.  

O equipo ademais verase reforzado para esta concentración por Wally Niang, pivot de 206 cm de orixe senegalesa, que esta tempada xogou no equipo filial do Estudantes de Madrid e que desenvolveu a súa etapa como junior no Real Madrid co que se proclamou Campión de España na tempada 2013/14, un campionato no que foi elixido tamén como MVP da competición. 

O calendario da competición é o seguinte:

 

1ª Semifinal: 10:30 horas Básquet Coruña ? Sigaltec

2ª Semifinal: 12:30 horas Cristalbox COB ? Instituto Rosalía

 

3º e 4º Posto: 17:00 horas Perdedor de 1º semifinal ? Perdedor de 2ª semifinal

Final: 19:00 horas Gañador de 1ª semifinal ? gañador da 2ª semifinal

 

Para este torneo, Héctor Piñeiro contará cos seguintes xogadores: Ignacio Cabral, Diego Albo, Óscar Pérez, Gerardo Dorda, Darlyn Reinoso, Martín Belo, Marcos Vázquez, Javier Rei, Rubén Rei, Asier Comendeiro, Wally Niang e Alberto Saiz.