O Leyma cae en Navarra nun mal partido (85-67)

O partido xa comezou moi mal para os nosos que á os 4 minutos de partido xa perdía 11-2 e obrigou a Perico a pedir o primeiro tempo morto. As cousas non cambiaron e o Planasa Navarra continuaba aumentando as distancias no marcador ata chegar aos 13 puntos de vantaxe ao termo do primeiro período. (25-12)

No segundo período tentaron os nosos apertar un pouco o marcador, aumentaron a agresividade en defensa e lograron algunhas situacións de contraataque que daban fluidez ao noso ataque e lograban reducir un pouco a desvantaxe no marcador, e baixar a barreira dos 10 puntos a 2 minutos para o descanso. Algunhas accións desafortunadas nas postrimerías do cuarto deixaban a desvantaxe novamente por encima da decena de puntos. (47-36).

O paso polos vestiarios non sentou ben aos nosos que continuaban cedendo no marcador e aos poucos ían aumentando as distancias con respecto aos locais que mostraban un gran acerto no tiro. Chegábase así, cunha desvantaxe de 16 puntos ao último cuarto.

No último período os nosos chegaron a ter unha desvantaxe de 26 puntos, con todo nunca baixaron os brazos e volveron tentalo chegando a reducir a desvantaxe ata os 13 puntos. Con todo, non era o día dos nosos e acabaron fincando o xeonllo por 85 a 67.

O próximo partido do Leyma será o xoves ás 19.00 horas contra as Cociñas.com

PLANASA NAVARRA: 85  (25+22+18+20)  Almazán (7), Iván G. (10), Servera (14), Bordignon (2) e Romeu (18) -quinteto inicial-. Tamén xogaron Calvo (4), Bonhome (3), Moncasi (16), Portalez (9) e Zabalo (2).

LEYMA BÁSQUET CORUÑA: 67  (12+24+13+18) Rowley (16), Burjanadze (16), Anxo Hdez. (3), Homs (2) e Castro (3) -quinteto inicial-. Tamén xogaron Vujasinovic (5), Abia (2), Petrovic (12) e Mutakabbir (8).

 Estatísticas do partido