O Leyma avanza na súa pretemporada

Mañá ás 20:30 horas o equipo de Perico Diaz disputará un novo partido de preparación, o encontro será ás 20:30 horas no Pavillón Municipal de Cerceda fronte ao Xunventude de Cambados.
O partido servirá ao equipo para dar un paso máis na preparación desta nova tempada fronte a un rival que se reforzou esta tempada, con xogadores moi novos e con moita proxección.
Para este partido, Perico Diaz non poderá contar, do mesmo xeito que sucedeu en Copa Galicia con Nick Fox, o pivot estadounidense continúa sen poder adestrarse desde o pasado venres, tras sufrir un encontrón fortuíto cun compañeiro que lle provocou unha forte lumbalxia.