Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña 67-78 Melilla · 17/11/2017 21:00 Riazor 2 || EBA: Obradoiro 76-68 Leyma Básquet Coruña · 19/11/2017 18:00 Silleda || Senior Fem. 2ªDiv: Compañia de María Curves 44-57 Básquet Coruña Leyma · 18/11/2017 20:00 Santiago || Senior Masc. 3ªDiv: Costa da Morte 59-66 Básquet Coruña S · 19/11/2017 19:00 Cee || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña 55-45 Termiset Irmandiños · 18/11/2017 20:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Trebons 31-132 Básquet Coruña J · 19/11/2017 10:00 Valle Inclan || Junior Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma J 54-35 Sto. Domingo Betanzos · 19/11/2017 12:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18/17 39-64 Basquet Coruña U18 · 19/11/2017 10:00 Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C 53-59 Estudiantes Lugo · 18/11/2017 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Basket Ferrol 57-63 Básquet Coruña C · 18/11/2017 12:00 Esteiro (ferrol) || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U16 63-23 Compañia de Maria · 19/11/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Ferrol 58-36 Básquet Coruña U15 · 19/11/2017 10:00 Pabellon Esteiro || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 51-59 Escola Xiria · 18/11/2017 10:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: KFC Culleredo 98-26 Básquet Coruña U16/15 · 18/11/2017 20:00 O Burgo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I 53-85 Instituto Rosalia · 19/11/2017 10:00 Ventorrillo || Pre-Inf Masc.: Basquet Coruña U13 63-58 Estudiantes Lugo · 19/11/2017 12:00 Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Laracha Xiria 2-52 Básquet Coruña Leyma I · 19/11/2017 10:00 Pabellon Laracha || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de Maria 67-17 Básquet Coruña Leyma U14/13 · 19/11/2017 12:00 Colegio Compañia || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña U14 46-13 Franciscanos · 18/11/2017 11:15 Elviña II || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 51-71 Pontumio Futbolin · 19/11/2017 12:00 Riazor 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Pio XII Rosalia 76-46 Básquet Coruña U12 · 19/11/2017 10:00 Instituto Rosalia || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U12/11 88-36 Sta Maria del Mar B · 19/11/2017 16:45 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 68-43 Sta Maria del Mar · 19/11/2017 16:15 Sta Maria del Mar || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Sto Domingo Betanzos 32-84 Básquet Coruña U11 · 18/11/2017 17:45 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Montespiño Mini 4-55 Calasancias · 18/11/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Mixto. 2ªDiv: Básquet Coruña Eusebio da Guarda Mini 18-68 Baloncesto Cambre · 18/11/2017 19:15 Agra II || Preminibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Montespiño Premini 15-64 Dominicos · 18/11/2017 17:45 Agra II || Preminibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U10 23-22 Jesuitinas · 18/11/2017 09:30 Agra 2 || Preminibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U10 39-58 Dominicos · 19/11/2017 19:45 Sagrada Familia || Preminibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U9 20-53 Montrove · 19/11/2017 19:15 Sagrada Familia || Preminibasquet Mixto. 2ªDiv: Básquet Coruña Eusebio da Guarda Premini 18-67 Xiria Carballo · 19/11/2017 12:30 Agra II

Historia


O Club Básquet Coruña nace en xuño de 1996 da unión do equipo de Liga EBA de Arteixo e do Club Baloncesto Ventorrillo da Coruña.

Naquel momento o equipo de Baloncesto da Coruña C.A.B., perde a categoría en EBA e desaparece. Directivos, adestradores e xogadores da Coruña, inician este Proxecto cun claro obxectivo, recuperar o prestixio e a afección ao Baloncesto na cidade.

Comeza na EBA 96/97 cun sétimo posto na fase regular, con Javier Castroverde como adestrador, cargo que ostentaría durante dúas tempadas. Na seguinte, xa se proclama campión da conferencia norte da EBA e semifinalista da fase final, caendo ante o Llobregat.



Xa na tempada 1997/98, repite co título da conferencia norte da EBA, chega á semifinal nacional, sendo derrotado polo Abeconsa Ferrol, o que lle priva do ascenso directo. A súa condición de semifinalista da EBA, permítelle finalmente o seu ascenso á LEB, na tempada 98/99, logrando o posto 13 na fase normal. No Play out imponse a Inca por 3-1.

Na 99/2000, Juan Díaz substitúe a Javier Castroverde como primeiro adestrador e o quipo repite posto, o 13, pero non hai play out ao formarse a Leb 2.

Na 2000/01 logra a permanencia na LEB ao derrotar no play off de descenso ao Abeconsa Ferrol por 3-0 e na 2001-02 volve sufrir para lograr a permanencia, logrando vencer na eliminatoria de descenso ao Cajasur de Córdoba aínda que problemas económicos obrigan a vender a praza na LEB ao CAI Zaragoza e inscribir ao primeiro equipo en liga EBA grazas ao ascenso desde 1ª división do equipo filial dirixido por Javier Rodríguez.

Na 2002/03 Juan Díaz deixa o equipo e o ata ese momento o seu adestrador axudante Miguel Anxo Hoyo convértese en adestrador principal, obtén o 4º posto no grupo 1 o que o deixa ás portas de xogar o play off de ascenso.

Un ano máis tarde na 2003/04, e esta vez baixo as ordes de Javier Rodríguez, logra o obxectivo de alcanzar as eliminatorias polo ascenso e mesmo logra unha praza de ascenso tras vencer a Sabadell pero problemas administrativos fanlle perder a praza conquistada na pista e obriga a afrontar o próximo ano desde Senior zonal. Chégase a un acordo de colaboración co club Atlántico Coruña Baloncesto, recentemente ascendido a 1ª división e sáese nesa categoría. Unicamente disputou unha tempada xa que conseguiu o ascenso con Nacho Rama como adestrador, á liga EBA.

A tempada 2005/06 comeza unha nova etapa con Antonio Pérez no banco, alcanza o 8º posto no grupo A de a liga EBA con 15 vitorias e 15 derrotas, un ano máis tarde queda ás portas do ascenso á LEB 2 despois de quedar en 2ª posición na tempada regular do grupo A e derrotar nos play off a Ávila e Oliveiral, para perder no partido decisivo fronte a Santa Pola.

A tempada seguinte xoga a LEB Bronce, categoría de recente creación e contra todo prognóstico o equipo consegue o ascenso a LEB PRATA tras derrotar nos play off ao filial do Real Madrid e na final ao potente Balneario de Archena.

A tempada 2008/09 é a tempada do debut en LEB prata e o equipo quedou clasificado en 15º lugar, mentres que o tres seguintes tempadas, tamén en LEB prata quedou en 9º, 12º e 5º posto respectivamente.

Na tempada 2012/13, o Leyma Natura Básquet Coruña disputa a Adecco Leb Ouro, dirixido por Antonio Herrera desde o banco, e logra alcanzar os Play Off de ascenso a ACB, perdendo fronte ao River Andorra na eliminatoria dos cuartos de final no quinto partido.

Na tempada 2013/14, o primeiro equipo dirixido por Tito Díaz, obtén a mellor clasificación da historia, unha 5ª posición na liga regular, sendo derrotado pola Unión Financeira Oviedo na primeiro rolda dos play off.

Na segunda tempada de Tito á fronte, o equipo queda ás portas do play off de ascenso ao finalizar en décima posición a liga regular.


Filosofía do Club

Desde os seus comezos o Club sempre baseou o seu proxecto en tres grandes alicerces: O primeiro deles son as nosas categorías base, unhas categorías que han ido aumentando en número de xogadores nos últimos anos ata alcanzar máis de 6oo nenos repartidos entre os nosos equipos e escolas. Ademais desde a tempada 2004/05 empezan a aparecer dentro da estrutura do Club equipos de categoría feminina. Esta tarefa levounos á obtención de numerosos premios como o recibido no ano 2010 pola Secretaría Xeral para ou deporte á mellor entidade deportiva en promoción do deporte base.

O segundo alicerce son as nosas actividades, máis de 32 desenvolvidas ao longo de todo o ano, nas que o obxectivo primordial é tanto a promoción do baloncesto como a transmisión de valores sociais entre os máis novos a través de diversas accións solidarias. Mercé a todas estas actividades recibimos numerosos recoñecementos como o nomeamento por parte da Fundación FEDYS á mellor Iniciativa Solidaria, dentro destas actividades podemos enumerar o Campus Milenium, Campus de Tecnificación, Campamentos Urbanos, Torneos 3x3 e un longo etcétera nas que chegan a participar máis de 3000 persoas ao longo do ano.

O terceiro destes alicerces sobre o que sustenta noso propósito é o primeiro equipo, o LEYMA BÁSQUET CORUÑA que pretendemos que sexa o noso escaparate e o espello de todos os valores que representa o noso Proxecto. Na actualidade milita na liga Adecco LEB Ouro e día tras día aumenta a súa repercusión na cidade con máis aparicións nos medios de comunicación e afeccionados nas bancadas. Esta tempada, coa mesma filosofía que nas anteriores, o primeiro equipo disputará novamente a Adecco Leb Ouro.




Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial