Zach Monaghan, un dos xogadores máis destacados das dúas pasadas campañas do Leyma Coruña, regresará ao conxunto laranxa ata final de campaña.
O director de xogo norteamericano estaba a competir ata hai uns días no Limburg United da liga belga, no que promedió 8,5 puntos e 4,8 asistencias por partido. Tras desvincularse deste club, volverá ao Leyma Coruña, onde competirá ata final de tempada.
Benvido Zach e moita sorte na túa nova etapa como laranxa!