XX Campus Milenium e I Campus de Tecnificación: DÍA 2

Pechamos o segundo día das nosas actividades de verán con ganas de máis.

No día de hoxe, fixemos a primeira saída da instalación basee no Campus Milenium; O batallón dos maiores (grupos 7, 8 e 9) pasaron a mañá no Albergue de Santa Cruz gozando dun kit de actividades de aventura con escalada, canoas, tiro con arco…etc. Ao chegar ao mediodía trasladáronse ao INEF de Bastiagueiro para comer e continuar coa xornada de tarde cunha sesión técnica de baloncesto e un xogo ao aire libre nas instalacións exteriores á facultade. 

Os batallóns 1 e 2 (grupos 1, 2, 3, 4, 5 e 6) pasaron o día na súa instalación basee da facultade de maxisterio. Pola mañá ambos os equipos fixeron un adestramento técnico de baloncesto e un xogo de aventura nos exteriores do pavillón; na xornada de tarde, disputouse unha xornada máis de concursos de bote e tiro.

Doutra banda, no Campus de Tecnificación, contamos coa visita de Pepe Vázquez, adestrador do Ensino de Lugo de LF 2, neste segundo día insistiuse no adestramento de Tiro “” e no 2 contra 2.

Galería de imaxes