Xornadas de tecnificación para a base dirixidas por xogadores e corpo técnico do equipo LEB Ouro

Desde hoxe ata finais de abril, os xogadores e xogadoras de todas as categorías do Club Leyma Bäsquet Coruña poderán participar na enriquecedora experiencia que supón o adestrar con profesionais de noso equipo LEB Ouro.

O escolta e capitán do conxunto laranxa, Jesús Castro, a á pivote Gediminas Zyle, e o segundo adestrador Charlie Uzal, porán ao servizo dos máis novos o seu coñecemento e talento na práctica do baloncesto, ao longo das 13 sesións de tecnificación programadas polo Club para este catro primeiros meses do ano, que contarán tamén co apoio dos adestradores habituais para cada equipo.

No caso dos cadetes, infantís e juniors, están previstas nove sesións que terán lugar nas instalacións de Elviña, en horario de xoves de 19:00 a 20:00 horas e cunha distribución de grupos segundo figura no calendario adxunto ao final destas liñas.

No mesmo documento pódense consultar as datas e horarios para o catro xornadas destinadas aos alevíns, benjamines e escolas, que se celebrarán no pavillón de Maxisterio. Nestes casos cada sesión durará ao redor dunha hora e media ?de 18:20 a 20:00 ou de 18:00 a 19:30 horas-.

En definitiva, unha oportunidade única para os nosos mozos e mozas, que sen dúbida saberán aproveitar para aprender as habilidades que levaron a Jesús, Zyle e Charlie, á súa posición na liga LEB Ouro.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.