Xornada de portas abertas dos equipos cadete e infantil masculinos

O Club Básquet Coruña convoca hoxe mércores e mañá xoves 22 de xuño unhas xornadas de portas abertas dirixidas a todos aqueles xogadores interesados en participar nos equipos do club de maior nivel nestas categorías.

As sesións serán as seguintes:

Categoría Cadete masculino: Nacidos en 2002. Mércores e xoves na Polideportiva de Riazor 2 de 18:30 a 19:30 horas.

Categoría Infantil masculino: Nacidos en 2004. Mércores e xoves na Polideportiva de Riazor 2 de 19:30 a 20:30 horas.

O equipo do ano 2004 ten praza en Primeira División autonómica e o do 2002 competirá para conseguila na fase previa da próxima tempada.

A semana próxima realizaranse estas mesmas xornadas en categoría júnior, así como en infantil e cadete feminino. Informaremos respecto diso na web.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.