Xogos e deportes tradicionais galegos no Monte San Pedro, un plan moi especial do Campus

Estás listo para pasar dúas semanas a lume de biqueira de baloncesto e moito máis? Nós tamén! Hoxe desvelámosche outro dos plans especiais do Campus Milenium. Programamos unha saída ao Monte San Pedro para realizar xogos de procura e orientación, e ademais practicaremos xogos e deportes tradicionais galegos.

Para iso contaremos co mellor anfitrión e experto, Ricardo Pérez e Verdes, director do Melga, o Museo Etnolúdico de Galicia situado en Ponteceso, que trasladará parte do material que alberga o propio centro para desenvolver xogos como: recollida de mazarocas, varapau, tumba galega, zurriagazo, as varas, carretas/carros/carrilanas, ou sapo/a burro, ou prato/ou disco.

Pasaremos media xornada ao aire libre rodeados de natureza e moita diversión porque, non o esquezas, este verán temos un plan que vas quedar xeado!

 

- Museo Etnolúdico de Galicia

O Melga é un interesante colector de máis de 4.000 xoguetes e xogos de todo o mundo, que forman a colección de Ricardo Pérez e Verdes, profesor honorario de Historia, Xogos e Deportes Tradicionais da Universidade da Coruña.

Neste museo descríbese a evolución histórica dos xogos e deportes a través dos tempos e das civilizacións antigas, ademais de ofrecer aos visitantes numerosos talleres de plastilina, papiroflexia, origami ou construción de xoguetes, entre outros. Un lugar, por tanto, moi recomendable para visitar en familia ou con amigos.

 

 

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.