Xa podes renovar o teu vestiario laranxa!

A piques de estrear o mes de decembro, todos os afeccionados e a gran familia do Club Básquet Coruña temos á nosa disposición desde a tenda en liña da nosa web o novo equipamento da presente tempada, xunto con outros complementos deportivos entre os que poderemos elixir para exteriorizar o sentimento laranxa que levamos moi dentro.

Incorporamos ás pezas oficiais do club algunhas novidades: ademais do deseño que estreamos nos equipamentos que locen todos os nosos equipos da base, atoparedes por primeira vez as sudaderas con carapucha, as camisetas "Basquet Coruña 1996" e as bolsas de deporte, tres pezas moi útiles tanto no ámbito deportivo como no día a día, do mesmo xeito que a cazadora de neopreno con carapucha, peza que repetimos pola súa boa acollida.

Por suposto, non faltan os clásicos de calquera deportista, como a roupa de adestro ou o chándal. Tanto as camisetas de xogo como os cobres pódense personalizar co nome e o número do xogador ou xogadora. 

E non esquezas que se es socio/a, abonado/a ou xogador/a de o club benefíciasche de prezos especiais. 

Convidámosche a darche un paseo pola nosa tenda en liña e a correr a voz entre amigos e familiares. Loce as cores do club e axúdanos a estender a marea laranxa na Coruña!