Xa está aquí o Campus de Semana Santa

Chegadas estas datas, é momento de presentar as actividades que temos expostas desde o Club para as vacacións de Semana Santa os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 9:00 a 14:00. 

Os talleres de iniciación e o Campus LEB Ouro

TALLER DE INICIACIÓN.

 Un ano máis, o Club Básquet Coruña ten previsto organizar os Talleres de Iniciación de Semana Santa. Esta actividade está dirixida a niñ@s de 5 a 12 anos.

Con esta actividade preténdese achegar a actividade do baloncesto a l@s niñ@s, e ofrecer aos participantes unha oportunidade de práctica lúdico-deportiva durante as vacacións.

A rutina programada para a actividade será sempre a mesma: primeiras 2 horas de xogos traballando as distintas habilidades básicas para este deporte (bote, tiro, pase, coordinación?), pequeno descanso para tomar a merenda, e continuaremos con concursos e unha liguiña de 3x3.

 Inscrición e máis información aquí

 

CAMPUS LEB OURO. 

Como novidade, este ano o Club quere presentarvos un campus, dirixidos a l@s niñ@s xa iniciados no noso deporte, onde contaremos  coa colaboración diaria dos adestradores (Perico Díaz, Charlie Uzal e Gustavo Gago) e xogadores de noso equipo LEB Ouro (Chus Castro, Anxo Hernández, ...).

A rutina será, expondo 4 sesións de 50 minutos, nas que os invitados de cada día serán os que leven a dirección da mesma.

As idades ás que vai dirixida esta actividade serán para niñ@s entre os 11 e 17 anos.

Inscrición e máis información aquí

 

Esperamos contar coa habitual participación nos talleres de iniciación, e que a nova actividade exposta tamén sexa acollida como se merece, tentando ofrecer así, un plus de calidade nos adestramentos para os máis maiores.

Como sempre estamos á vosa disposición vía e-mail (actividades@basquetcoruna.com), por teléfono (981 264 022) ou nas nosas oficinas (Arquitecto Rei Pedreira 3 Baixo)

Moitas grazas,