Xa está aquí a XXVI edición Campus Milenium

Un verán máis, o noso Campus Milenium arrinca co seu XXVI edición. Goza da oportunidade de seguir gozando do baloncesto no verán nun contexto lúdico e formativo.

As inscricións poderán realizarse de forma online, e nas oficinas do club (cale Arquitecto Rei Pedreira, 3. Baixo), desde este momento ata o 23 de xuño.
O Campus Milenium é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer no que se realizan ao longo do día innumerables actividades multideportivas. É xa unha referencia neste tipo de eventos, que bate marcas de asistencia ano a ano e que conta ademais con multitude de actividades, aínda que por suposto co baloncesto sendo protagonista.

Desenvólvese durante dúas semanas: do 28 de xuño ao 2 de xullo a primeira, e do 5 ao 9 de xullo a segunda. O obxectivo é favorecer a práctica do baloncesto entre os mozos da cidade, desde un concepto lúdico.
Ademais, outra meta pasa por promocionar a imaxe do Básquet Coruña como referente da sociedade coruñesa.

As actividades comezarán ás 09.00 horas e finalizarán ás 18.00 horas e estruturaranse en catro bloques: dous deles serán de baloncesto, pola mañá con contidos de aprendizaxe e pola tarde con contidos máis lúdicos. Os outros dous bloques son recreativos, con actividades ao aire libre. Como cada ano exporanse sorpresas e algunha actividade nova.

A localización única será o Albergue da Mercé de Santa Cruz (Oleiros).
Dirección: Rúa Garrucha, 7, 15179 Oleiros, A Coruña. Ademais realizaranse varias saídas durante o Campus para levar a cabo actividades noutras localizacións.

O prezo xeral para as dúas semanas será de 310 euros e 270 para familias de xogadores do club.

Por suposto e en todo momento estamos a expensas das directrices e normativas que para ese efecto se indique desde o Ministerio de Sanidade en canto aos protocolos e medidas que se establezan para este tipo de actividades.

Non o penses máis e anímache a pasar un verán moi laranxa!


https://www.basquetcoruna.com/es/actividades/campus

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.