Volve a Adecco Leb Ouro ao Palacio

Tras un fin de semana no que non houbo competición por estar reservada a data para a disputa da final da Copa Principe, o Leyma Natura volverá á competición xogando como local no Palacio dos Deportes fronte aos Queixos Cerrato de Palencia.
Tras o tres días de descanso concedidos por Perico Diaz, os xogadores volven mañá aos adestramentos  para preparar un partido contra o segundo clasificado da competición que chegará a Coruña coa necesidade de gañar para manter o pulso co líder, o River Andorra. Doutra banda, o Leyma buscará unha vitoria que nos asente nos postos altos da clasificación.
O partido será o vindeiro venres 7 ás 21 horas no Palacio dos Deportes.