Vitoria do Leyma Coruña en Barcelona, previa ao derbi en Riazor

O Leyma Coruña regresará mañá a casa cunha nova vitoria debaixo do brazo, a conquistada esta tarde fronte ao F.C. Barcelona Lassa na Cidade Deportiva de Joan Gamper, cun resultado final de 69-84.

En declaracións posteriores ao encontro da quinta xornada de Liga, o adestrador laranxa Tito Díaz distinguiu dous partes do choque. A primeira, máis igualada (14-19 ao final do primeiro cuarto e empate de 40-40 ao descanso) e na que, aínda que o Leyma Coruña chegou a porse 9 puntos arriba, os locais "volveron meterse no partido, a base de ritmo, rebote de ataque e algún tiro liberado".

E a segunda, á volta de vestiarios, cando os de Tito Díaz apertaron en defensa, puideron correr a intres e xogaron máis longo en ataque, o que "provocou que fósemos collendo aos poucos vantaxe e asentásemonos máis no partido", mellorando o rebote e exercitando a paciencia en ataque. "Isto foi o que nos deu eses 10 puntos que ao final soubemos administrar mellor", engadiu.

Así o reflectiu o marcador, cun balance 55-62 ao final do terceiro cuarto e un saldo final de 69-84, resultado dun traballo en equipo que resulta clave para o técnico laranxa: "é moi bo, sobre todo a estas alturas de tempada, que todo o mundo participe e teña protagonismo mesmo", recalcou.

Na súa opinión, nos dous duelos xogados esta semana o equipo "acabou xogando con máis ritmo do que comezamos", algo que en parte atribuíu a dispor dun persoal de once xogadores que permiten as rotacións e, sobre todo, coa confianza que dá o saber que todos van achegar.

Queda por diante unha semana de intensa preparación para o derbi deste sábado 29 ás 18:30 horas en Riazor contra o Ourense Provincia Termal, con dúas afeccións que a recado arrouparán aos seus equipos de principio a final.

#sentimientonaranja na pista e na bancada! 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.