Vitoria do alevín masculino de primeira division

Os xogadores do 2004 do Basquet Coruña sumaron a súa segunda vitoria ligueira tras tres xornadas de competición. Os coruñeses medíronse este pasado sabado na polideportiva do Agra II ao Artai. O conxunto carballés chegaba ao encontro mermado de efectivos e incluíndo na convocatoria a varios benjamines para completar a cota mínima de 9 xogadores. Esta circunstancia, unida ao bo facer dos herculinos nos primeiros minutos do encontro, marcaron a tónica dun partido que se resolveria con vitoria clara para os locais por 55 a 5.

A próxima semana os laranxas disputarán o último encontro da primeira volta fronte ao Montrove na loita pola segunda praza da clasificación.

Basquet Coruña 04 - Artai: 55 - 5 (18-0/15-2/22-3)

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.