Esta mañá os xogadores de Básquet Coruña Pablo Ferreiro, Gaizka Maiza e Abdou Thiam acudiron ao Hospital Teresa Herrera (Materno Infantil) acompañados do speaker Sergio Tomei para visitar aos niñ@s hospitalizados alí e entregarlles os peluches recolleitos na Choiva de peluches do pasado día 15, no encontro ante o Carramimbre Valladolid.
Nesa Choiva, iniciativa de Sergio Tomei e que estaba enmarcada no ?17 partidos, 17 causas? da Caixa, en homenaxe á Cruz Vermella, obtivéronse preto de 2500 peluches, que serán entregados aos niñ@s dos diferentes hospitais coruñeses.
Con eles pasaron un bo intre de charla e compartiron afecto, ilusións e agasallos que axuden a facer máis entretida a súa estancia no hospital e que sen dúbida levarán consigo no seu regreso ás súas casas.