Ven á animar ao Leyma Coruña este sábado ante o Río Ourense Termal

O Leyma Coruña xoga este sábado ás 19.30 horas o derbi galego ante o COB Ourense e necesita todo o apoio e calor da inchada para lograr o segundo triunfo na liga. Para que todos os afeccionados poidan animar ao conxunto laranxa o club fretará un autobús. O prezo para adultos será 20 euros, e 10 euros para menores de 18 anos, e incluirá autobús, entrada e bocadillo. A saída realizarase desde o parking do Palacio dos Deportes de Riazor ás 17:00 horas.

O mínimo para poder realizar a viaxe será chegar a 30 prazas. A data límite para recoller inscricións será este xoves día 15 ás 20.00 horas. Para anotarse haberá que pasar polas nosas oficinas, en Arquitecto Rei Pedreira en horario de luns a xoves de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

Animámosvos a todos os seguidores a vir animar ao Leyma Coruña, que necesita máis que nunca o voso alento e calor para recuperar a senda do triunfo este sábado ante o COB Ourense. Esperámosvos!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.