Ven a animar ao Leyma Coruña a Ourense

O Leyma Coruña, grazas á propia colaboración do seu patrocinador principal Leyma, Autocares J. Pombo e Jamonería Siero quere convidar a todos os afeccionados que o desexen ao derbi ante o Río Ourense Termal este domingo día 15 ás 20.00 horas.

Para participar na promoción das 100 entradas que temos dispoñibles todos os que desexen acudir a animar ao conxunto laranxa só terán que chamar mañá mércores a partir das doce do mediodía ao seguinte número de teléfono das oficinas do club: 981 26 40 22. Os cen primeiros que marquen este número serán premiados con esta promoción que inclúe viaxe en autocar, entrada para o choque e bocadillo de xamón.

Desde o Leyma Coruña animámosvos a participar para poder gozar e vivir desde dentro o baloncesto e dar todo o apoio ao noso equipo laranxa no derbi galego. Esperámosvos!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.