Vas perder o primeiro derbi galego en Riazor?

O vindeiro domingo ás 12:30 o Palacio dos Deportes de Riazor acollerá o seu primeiro derbi galego da tempada. O actual líder da competición, os Cafés Candeas Breogán, visítanos para pór a proba a súa condición de invicto.

Despois da tempada pasada, na que o equipo lucense rozou o ascenso que persegue desde hai anos nun fascinante play off final co COB, atopámonos ante un persoal que busca de novo ese obxectivo. Con Lisardo Gómez na súa terceira tempada no equipo e con certa continuidade nos xogadores, tentarán esquecer baixas importantes como a de MacGhee e Llorca.

O noso equipo presentará un cadro de persoal que aos poucos vai recuperando efectivos, coa presenza de Larry Abia xa en óptimas condicións e a fichaxe temporal de Sergio Vidal, para cubrir a baixa de Jesús Castro.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.