Un novo reto para o equipo EBA

O equipo de liga EBA do club desprázase este sábado 15 de outubro a Asturias para disputar a xornada 5 na difícil pista do BVM Mieres. 

A pesar de ocupar o último posto da clasificación, o equipo asturiano vén de enfrontarse aos primeiros equipos da táboa, plantando cara a Aquimisa de Salamanca ou Agostiños de León. Mención á parte merece o seu partido en Narón, no que os locais tiveron que remontar 11 puntos de desvantaxe para terminar gañando dun. Enfrontámonos por tanto ante un rival imprevisible e con tantas ganas como nós.

Mañá sábado, 19:00. Polideportivo de Mieres (Asturias). 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.