Un mergullo no Aquapark e unha aproximación ao Judo da man do Judo Club UDC, actividades do Campus Milenium

O noso Campus Milenium, co baloncesto como protagonista, terá tamén cabida para unha visita, un ano máis, ao Aquapark de Cerceda e unha colaboración co Judo Club UDC, para unha sesión de habilidades de loita.

Co Judo Club UDC faremos unha aproximación ao judo a través dunha sesión de habilidades de loita. Esta asociación ten como principais obxectivos o ensino, o adestramento e a promoción do judo. O judo é un deporte de loita con agarre que consiste en proxectar ao contrario coa meta de pór as costas do rival sobre o tatami ou ben conseguir o control do compañeiro no chan.

Unha actividade que xera moita expectación é a visita ao Aquapark de Cerceda, un parque acuático repleto de tobogáns e diversión, no que os nosos participantes estarán en todo momento acompañados polos monitores nunha xornada na a protección solar e a diversión estarán aseguradas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.