Trevor Cooney encabeza as votacións de Xogador 5 estrelas Mahou da primeira volta

O Leyma Coruña coa colaboración de Mahou, un dos seus patrocinadores oficiais, está a levar a cabo desde o pasado mes de novembro a votación do #Xogador5EstrellasBc.

Polo momento encabeza as votacións Trevor Cooney,segundo é Anxo Hernández, terceiro é Eduardo Hernández Sonseca, cuarto Jonathan Gilling en quinta posición está Zach Monaghan.

A mecánica para votar é moi sinxela. Ao final de cada partido escóllense o tres mellores a partir das súas valoracións nas estatísticas do mesmo. Lánzanse tres tuits con cada un dos protagonistas e para votar só é necesario ser seguidor da conta oficial do club (@basquetcoruna) e facer RT ou ME GUSTA nos citados tuits.

O xogador con maior número de RT e GÚSTAME pasadas 24 horas anúnciase ao día seguinte como gañador.

Así mesmo ao final de cada mes de sortean entre todos os votantes dúas entradas dobres para o palco a pé de pista de Mahou. Unha experiencia que xa puideron gozar os gañadores do mes de novembro no partido ante o Barcelona Lassa.

Por partidos estes foron os diferentes gañadores:

Iberostar Palma: Sergio Olmos

Barça Lassa: Trevor Cooney

ICL Manresa: Jorge Sanz

Chocolates Trapa Palencia: Anxo Hernández

Tau Castelló: Zach Monaghan

Melilla: Jorge Sanz

Cáceres: Hernández Sonseca

Animámosvos a todos a seguir participando para entrar no fantástico sorteo de Mahou de asentos a pé de pista, e para entre todos escoller ao #Xogador5EstrellasBc da primeira volta, que recibirá o seu galardón nun acto do que vos informaremos proximamente.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.