Irene Díez Álvarez, na convocatoria de nados en 2008, Marta Novás Ogen e Idoia Filgueira Mañá, do ano 2009, foron convocadas pola Federación Galega de Baloncesto para o V edición das Xornadas de Harmonización para nacidos en 2008 e 2009 que terán lugar no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela este domingo 18 de marzo.
Xogadores e xogadoras do ano 2008 están convocados ás 09.30 horas e os nados en 2009 ás 10.00 horas. Todos eles realizarán unha foto oficial da convocatoria, terán adestramentos programados, asistirán á proxección dun vídeo e unha charla coloquio, entre outras actividades. Os pais poderán pasar a recoller aos seus fillos e fillas ás 13.45 horas.
O obxectivo desta convocatoria é realizar unha xornada lúdico festiva para xogadores e xogadoras de baloncesto. Cada grupo de idade, tanto en masculino como en feminino estará composto por un número de entre 26 e 28 xogadores e xogadoras detectados nos CETIS zonais destas idades.
Desde o Básquet Coruña desexamos aos nosos xogadores e xogadoras un gran éxito nesta convocatoria e que gocen dunha experiencia de convivencia e baloncesto con outros nenos e nenas da súa idade.