Tres xogadoras da nosa canteira laranxa na preselección galega mini

Tres xogadoras da nosa canteira laranxa estarán na preselección galega mini. Carla Vázquez Roca estará na presentación de Portosín o sábado 3 de novembro, mentres que Claudia Díaz López e Uxía Cascales López estarán coa preselección galega mini en Noia o domingo 4 de novembro.

Carla Vázquez está citada para adestrar no Pavillón David Vidal o sábado 3 de novembro e os adestramentos serán de 12 a 14.00 horas e de 18 a 20.00 horas.

Mentres, Claudia López e Uxía Cascales terán que presentarse o domingo 4 de novembro no Pavillón Alonso Rodríguez en sesións en idéntico horario.

Desde o club Básquet Coruña felicitamos ás xogadoras pola convocatoria e desexámoslles que gocen da experiencia formativa.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.