Tres novos adestradores superiores no Club Básquet Coruña

Héctor Méndez, Carlos Penedo e Adrián Seijas son os nomes do tres membros do club que acaban de finalizar a súa formación na XLI edición do Curso de Adestrador Superior 2017 , organizado pola Federación Española de Baloncesto.

Desde o 10 de abril ata o 30 de xullo, 250 alumnos participaron nas xornadas presenciais e nas non presenciais que completan as 755 horas lectivas do CES, divididas en catro bloques: Dirección, Adestramento, Formación e Táctica.
31 alumnos e catro docentes son a achega de Galicia a esta nova edición, que contou coa presenza de Héctor, Carlos e Adrián entre eles.

Dos 25 adestradores que conforman o noso staff, xa son titulados superiores máis dun 60%. Unha das cifras máis altas nas categorías basee dos clubs da comunidade.

É por isto que desde o club queremos facer extensible nosa felicitación a todos e cada un dos nosos adestradores polo seu esforzo, implicación e inquietudes, e por axudar cada día a dar un novo salto de calidade á formación, sempre tan importante no traballo diario coa nosa canteira.

Parabén a todas e todos.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.