Tres xogadores do Básquet Coruña, nas convocatorias de preseleccións galegas

Tres dos xogadores que conforman a nosa canteira laranxa estarán nas convocatorias das preseleccións galegas que se celebrarán a principios de setembro.

A nosa xogadoras Laura Ibáñez Díaz e Elena Lijó Fernández foron seleccionadas para a concentración da preselección galega cadete feminina que terá lugar na Residencia San Narciso en Marín os días 8 e 9 de setembro.

Están citadas a partir das 09.30 horas no pavillón de Sequelo e os adestramentos serán de 10 a 12 horas e de 16 a 18 horas. A concentración finalizará ás 18.30 horas do domingo día 9.

Tamén está citado en categoría cadete masculina o noso xogador Raúl Vázquez Varela, tamén en Marín, os días 8 e 9 de setembro. Os xogadores terán que estar ás 11.30 horas na Residencia San Narciso e as sesións serán de 12.00 a 14.00 horas e de de 18 a 20 horas os dous días.

A concentración concluirá ás 20.30 horas do domingo día 9.

Todos os xogadores e xogadoras deberán levar roupa deportiva adecuada e a manutención e aloxamento correrá a cargo da Federación Galega de Baloncesto.

Desde o club Básquet Coruña desexamos que os nosos xogadores convocados gocen desta nova experiencia formativa cunha selección dos mellores deportistas de Galicia no seu grupo de idade.