Trece xogadores da canteira laranxa nos PDC abertos de 2008 e 2009

Un total de trece xogadores e xogadoras da canteira do Básquet Coruña están citados para participar nos PDC que terán lugar este xoves 1 de novembro no Agra 2.

De 10 a 11:30 será a quenda dos nados e nadas en 2009, que do club laranxa son: Idoia Filgueiras Mañá, Marta Novás Ogen, Nicolás Barreira Álvarez, Anxo Soto Martínez, Pablo Lorenzo Ruiz e Iago Orizaba Sanz.

Mentres de 11:45 a 13:30 adestrarán os nados e nadas en 2008: Irene Díez Avarez, Clara Pato Souto, Abril Ces Sánchez, Sandro Gonta Gomez, Nicolás Lodeiro Ferreño Gabriel Nión López e Jorge Dafonte Seoane.

Esperamos que os nosos xogadores gocen desta experiencia deportiva e formativa.