Tito Díaz, sobre a vitoria en Lleida: "non perdemos nin o ritmo nin a cabeza"

Esta noite os laranxas teñen unha longa viaxe en tren desde terras ilerdenses. Pero o traxecto leva moito mellor se, como é o caso, a volta a casa é con vitoria no peto (82-85 fronte ao Actel Força Lleida) e coa satisfacción de cambiar a dinamica para ben nas últimas xornadas de ida da LEB Ouro, con catro vitorias encadeadas.

Na rolda de prensa tras o partido, o adestrador Tito Díaz celebrou a vitoria e a boa actuación dos seus, que dominaron o marcador en boa parte do partido e, moi importante, souberon aguantar os tiróns do adversario nas ocasións en que este se puxo arriba en puntos, especialmente ao final do terceiro cuarto, finalizado con 62-59.

A clave para Tito Díaz estivo en manter a serenidade e xogar en equipo, sen caer na precipitación. Unha serenidade que lles axudou a facer o seu xogo, respondendo os envites do Actel Força Lleida con rápidos contraataques e sen perder os nervios tampouco cando a bancada empuxaba en favor dos locais. "Non perdemos nin o ritmo nin a cabeza", destacou o técnico laranxa, que quixo salientar a unidade dos seus xogadores e a súa actuación na pista como un equipo compacto, por encima do brillo individual.

Agora toca un breve respiro para celebrar o Fin de Ano, e enseguida volta ao adestro e á competición, de novo con desprazamento incorporado, esta vez a Palencia, o domingo 3 de xaneiro ás 19:00 horas. Arrinca a segunda volta con duras xornadas nas que volveremos vernos cos máis fortes da LEB Ouro, pero o equipo herculino ha crecido e está disposto a demostralo.