Tito Díaz:

O Leyma Coruña viviu esta noite a súa primeira derrota da tempada en casa (82-88) ante un Queixos Cerrato Palencia que "probablemente fixo esta noite o seu mellor partido da tempada", en opinión do técnico laranxa Tito Díaz.

Na rolda de prensa posterior ao encontro, o adestrador do conxunto coruñés quixo comezar por felicitar ao equipo visitante, que durante o tres primeiros cuartos aguantou ben as boas series de ataque e de defensa dos locais, en trinta minutos de xogo de frecuentes alternancias no marcador. Despois chegou o último cuarto, no que os palentinos viñeron arriba ao porse de novo por diante. "Cando colleron tres ou catro puntos de vantaxe foi cando xogaron mellor", asegurou Tito Díaz. Tamén lles acompañou o acerto que escaseou nas filas do Leyma Coruña na segunda parte. Algo similar ao sucedido nos últimos minutos do duelo contra o Cáceres na xornada anterior.

Pero o técnico laranxa tamén felicitou aos seus, porque unha vez máis "cando eles estaban a lume de biqueira de acerto seguimos traballando e tentando remontar ata o final", cun espírito competitivo que obriga aos rivais a xogar ao límite. "Para que nos gañen, que teñan que xogar así", destacou.

"É normal perder un par de partidos, somos un equipo novo que aínda se está formando, o que non sería normal é baixar os brazos", insistiu, ademais de lembrar que "todo está moi igualado nesta liga". Por iso o Leyma Coruña xa está a pensar en porse a traballar o luns e en seguir competindo a lume de biqueira na próxima cita en Lleida, o vindeiro venres.

E a marea laranxa, que esta noite apoiou aos seus contra vento e marea, reencontrarase co seu equipo en Riazor o próximo 6 de decembro ás 12:30, para gozar do derbi contra o Café Candeas Breogán, outro prato forte da liga. #sentimientonaranja

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.