Taquicárdica primeira vitoria do Leyma Coruña

Á terceira vai a vencida. Chegou a primeira vitoria para o Leyma Coruña e en casa, diante da súa afección. Os ánimos incesantes da bancada laranxa deron ao equipo o impulso necesario para loitar ata unha agónica prórroga, que resultou favorable ao conxunto local.

Tras dous primeiros cuartos, coa igualdade como protagonista logo do paso por vestiarios foi o cadro visitante o que logrou as primeiras vantaxes. Pero apareceu o capitán. Jeff Xavier botouse o equipo ás súas costas, os seus 14 puntos e 5 asistencias, acompañados pola mellora defensiva do Leyma Coruña, serviron darlle ás a un cadro local que forzou a prórroga cun triplo de Gaizka Maiza.

Unha prórroga que serviu de aire fresco para o equipo laranxa, que, axudado de novo pola súa afección, logrou alcanzar o final 75-71, que lle outorgaba a primeira vitoria da tempada.

A próxima xornada o Leyma Coruña viaxa ata Huesca onde disputará o seu partido o venres ás 21:00, fronte a un rival difícil que aínda non coñece a vitoria nesta tempada.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.