Suspendido o Leyma Coruña- Río Ourense Provincia Termal

O Leyma Coruña non puido disputar o seu encontro ante Río Ourense Provincia Termal debido a un problema nunha canastra.

Durante o quecemento una das canastras sufriu unha rotura durante unha entrada dun dos xogadores laranxas. Ante a imposibilidade de arranxar a mesma e de dispor doutra pista alternativa decidiuse suspender o partido.

As dúas directivas dirimirán agora unha nova data para a contenda, en hora e día por determinar. Desde o Leyma Coruña queremos agradecer o seu entusiasmo a todos os afeccionados desprazados a Ourense.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.