Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro correspondente á Xornada 20 da liga Leb ouro, que enfronta a Afanion Almansa e Leyma Coruña en terras albaceteñas.
Nesta comparecencia antes do encontro, Sergio quixo comezar indicando que a semana de adestramentos ?foi positiva. A vitoria foi importante pola entidade do rival, pero a importancia da vitoria é igual a calquera outra, pero sen ningunha dúbida aos xogadores axúdalles no día a día, a vir con aínda máis ganas para afrontar a semana. E eu creo que foi unha semana moi positiva na que fomos capaces de avanzar e puidemos ter máis minutos de adestramento con todos os xogadores?.
En relación á boa dinámica de resultados do equipo de Rubén Perelló (do cal Kyle Rowley foi MVP da xornada), o técnico do Leyma Coruña comentou ?creo que é un equipo con moito potencial, se non me equivoco teñen 7 vitorias nas últimas 10 xornadas, foron capaces de gañar en pistas tan difíciles como Ourense, Lugo? é un equipo que ten esa etiqueta de recentemente ascendido, pero a súa realidade é que outra. É un equipo que ten xogadores moi sólidos, con moita experiencia na competición, xogadores que saben de que vai a Leb, o que fai falta para sacar os partidos adiante e estano demostrando. Un corpo técnico que tamén ten experiencia na liga, que o está facendo moi ben. Capaces de levar os partidos ao terreo que lles interesa e os resultados están a reforzar ese moi bo traballo que están a facer. Temos que velos como unha realidade, non coa etiqueta de recentemente ascendido. É un equipo que está a facer as cousas moi ben, xogadores e corpo técnico, que son xente moi preparada e con experiencia na liga?.
En canto ao desenvolvemento do partido, tendo en conta a boa dinámica coa que chegan ambos os equipos, Sergio fixo referencia a ?é un partido especial. Eles teñen unha pista pequena, teñen ao público envorcado co equipo? Vai haber un ambiente importante. E eu creo que eles nos seus partidos de casa están a mostrarse agresivos, tentado levar a iniciativa do partido; co cal, é o que nós temos que tentar darlle a volta, tentar impornos desde a defensa que é o noso terreo, onde nós manexamos ben e é o que temos que tentar. Fácil de dicir, máis complicado de levar a cabo, pero temos que estar preparados para un equipo que é primeiro nivel. Están entre os dous, tres mellores equipos en rebote ofensivo. É un equipo con presenza física, con intensidade, con xogadores que momentos importantes son capaces de anotar, e tamén vai ser unha proba de madurez para nós como equipo de ser capaces de xogar un bo partido nun campo cun ambiente moi favorable para o equipo local?.