Sergio García: ?Temos que ir gañar e iso é o que temos que ter na cabeza?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá mércores ás 21:00h, correspondente ao terceiro partido de semifinais de Play-off, entre Leyma Coruña e Covirán Granada, en Granada.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?despois de perder en casa tivemos, evidentemente, aí unha oportunidade, non a conseguimos, pero somos conscientes de que isto está moi igualado, o mesmo que na outra eliminatoria que tamén van ao terceiro partido. Estamos a xogar contra Granada, o campión da liga regular, e o lóxico e o normal é que co nivel dos equipos cheguemos a estas situacións. Somos positivos e ambiciosos, e temos que pensar se conseguimos gañar alí hai uns días, por que non imos volver a repetilo?. Temos que ir con esa mentalidade sabendo que agora son eles os que xogan outra vez no seu campo, van ter un pouquiño máis de presión que nós, e nós temos que ir facer un bo baloncesto. Nós o outro día fixémolo durante 30 minutos, os 10 primeiros foron moi malos e iso penalizounos. Somos conscientes que temos que facelo ben durante todo o partido para ter opcións?.

A afección está envorcada co equipo, e así o comentou Sergio ?sinaleino despois do partido, pero pódoo sinalar mil veces máis, o agradecemento. Eu creo que se xera un ambiente moi bo. Botamos de menos iso durante todo o ano co que estamos a vivir, e oxalá sexamos capaces de gañar en Granada por ofrecerlles algún partido máis?.

Sobre a non influencia do factor cancha no rendemento do equipo, o adestrador do conxunto herculino indicou que ?creo que fomos un equipo que fomos capaces de gañar en pistas complicadas. A min, sobre todo, o que me preocupa, ou sempre tento mentalizar ao grupo é a reacción. É dicir, perdemos un partido, é parte do deporte, o importante é a reacción que ti tes. E eu creo que nós imos reaccionar. Non se se imos gañar ou perder en Granada, pero o que se estou seguro é que o equipo vai ter unha reacción, vai competir como o fixo o outro día ata o último segundo despois de verse cunha diferenza ampla no marcador, e é o que temos que esixirnos e demostrar no campo. Nós xa gañamos en pistas complicadas, gañamos en Granada hai pouco, temos que ir con esa mentalidade?.

Ao ser preguntado sobre valorar a tempada ata este momento, pase o que pase o mércores, Sergio dixo que ?eu creo que se terminásemos aquí, o resumo da tempada, con todo o que nos pasou e os resultados, sería moi bo. Agora xa imos a por un sobresaliente. Estamos en disposición, estamos nas semifinais, vimos do cuarto posto en liga regular e xogamos contra o primeiro, chegamos a un terceiro partido con opcións? Eu creo que é para estar moi satisfeitos. Pero agora no que temos que pensar é que non se vai a acabar o mércores. Temos que ir gañar e iso é o que temos que ter na cabeza. Eu estou, evidentemente, moi orgulloso dos xogadores polo seu esforzo e compromiso, pero hai que xogar un pouquiño máis aínda?.

Para terminar, e ao falar sobre a importancia da defensa no equipo, o técnico comentou que ?o outro día, vístelo todos, eu creo que os primeiros 10 minutos non foi a defensa do Leyma Coruña. Eu creo, pois igual, un pouco a responsabilidade de máis, a tensión de máis, de xogar en casa, de ser un partido importante, de que non somos un equipo con moito pouso ou moita experiencia, moitas táboas, nese tipo de situacións, pero o importante é que logo se reaccionou. Eu creo que isto nos pode servir de experiencia para aprender. No partido de alí se que xogamos con moita máis tranquilidade, sabendo que somos en todo momento e imos tentar volver por esa canle?.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.