Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro aprazado correspondente á Xornada 3, fronte a Leite Río Breogán.
O técnico do Leyma Coruña comezou indicando que ?a semana de adestramentos foi positiva, non tivemos apenas contratempos físicos, e iso xa é para estar contentos en comparación con semanas atrás. Co cal nos serviu para traballar, mellorar? Javi estivo coa selección nacional de 3x3 ausentouse un par de adestramentos, pero estivo adestrando, co cal, todo está en orde?.
Sobre o rival, Sergio comentou que ?sabemos que temos un partido moi importante diante. Outro derbi, seguido ao de Ourense, entón é un partido grande para nós. Temos a ambición de facerlle fronte a todo un equipo como Breogán, que, por traxectoria, persoal e demais, pois probablemente sexa o gran favorito da competición. Nós agora que xa estamos a terminar de conjuntarnos, temos a ambición de facerlles fronte, de poder sacar o partido no noso campo sabendo que é un reto grande. Ao final eles teñen un persoal experimentado, con moitos xogadores que saben o que é ascender nesta competición, e iso failles un equipo experimentado, que saben o que teñen que facer, como xogar? Eles viñan de facer un partido non demasiado bo en Melilla, e ese carácter e experiencia failles facer un partido redondo aos poucos días contra Burgos. Nós traballamos o partido sabendo que non podemos contar con Gary para disputalo, pero temos as nosas armas e estamos con confianza para poder sacar un partido tan importante como o de Breogán no noso campo?.
Ao ser preguntado sobre o tipo de Breogán que se espera no encontro de mañá, o adestrador do conxunto laranxa destacou ?ao mellor Breogán. Eu creo que o outro día eles probablemente puidéronse quitar as poucas dúbidas que podían ter, que, seguro que viñan de inactividade, de partidos non xogados, de falta de ritmo? Eu creo que o outro día fixeron un partido completísimo, en ataque, defensa, rebote? Temos que estar preparados para xogar contra a mellor versión de Breogán. Calquera outro pensamento sería enganarnos e é o que temos que facer?.