Sergio García, sobre a presenza de público nos partidos: ?Foi unha alegría e subidón para os xogadores, e esperemos que isto vaia a máis?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá sábado ás 19:00 horas, correspondente á Xornada 16 da segunda fase, e que enfronta a Leyma Coruña e HLA Alacante.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?no día a día e en como imos afrontar os partidos non cambia absolutamente nada. Estamos contentos e satisfeitos por conseguir clasificarnos matematicamente para o playoff, pero isto continúa, quedan 3 partidos. De momento só miramos o partido de Alacante. Temos un partido complicado polo nivel do rival, é un equipo que nos gañou con claridade no partido da ida, e é evidente que temos que facer as cousas moitísimo mellor que aquel día para, primeiro competir e logo, tentar coa axuda do público, ser capaces de conseguir unha vitoria que sería moi importante para nós, a nivel de clasificación e sobre todo, por facer que o equipo siga crecendo nunha competición igualadísima. Imos ver se somos capaces de fai runa boa defensa, rebotear e seguir crecendo como equipo en ataque para tentar sacar unha vitoria ante un equipo que está moi ben construído, que ten xogadores de moitísimo talento ofensivo? Eu creo que teñen toda esa mestura que lles fai moi bo equipo. É un equipo que ten un nivel físico moi bo, un nivel de tiro de tres puntos excepcional e logo ten xogadores coa experiencia e experiencia para saber xogar finais de partido. Entón imos ter que facelo realmente ben?.

En canto á presenza de público no encontro e a súa influencia positiva, Sergio comentou que ?Nós vímolo notando, aínda sendo poquitos. Se é certo que nos últimos partidos en casa, eu creo que foi unha alegría e subidón para os xogadores, e esperemos que isto vaia a máis, que siga crecendo porque os mozos chegan unha fase final da tempada e todo isto sempre axuda. Todo apoio é fundamental para que eles fagan un esforzo máis sempre, e logo, evidentemente, para dificultar a tarefa do rival. Entón, notarémolo moi positivamente?.
Para finalizar, sobre o estado físico do persoal, o adestrador do conxunto laranxa indicou que ?continuamos coa baixa, para o partido, de Zyle, e o resto están a disposición do equipo?.

Lembrámosvos que serán 500 os afeccionados que poderán animar ao equipo mañá en #OFornodeRiazor ás 19:00. As entradas están dispoñibles nas nosas oficinas ata hoxe ás 20:00, nos despachos de billetes do Palacio desde mañá ás 17:00, na web do club ou nesta ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index Esperámosche!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.