Sergio García renova como adestrador do Leyma Coruña

Esta mañá tivo lugar, en Ou Sibarita, unha rolda de prensa para facer balance da tempada 2020-2021 así como anunciar a renovación de Sergio García como adestrador do conxunto coruñés.

Do mesmo xeito aproveitamos para anunciar o inminente inicio da nova campaña de abonados.

Nesta rolda de prensa estiveron presentes Roberto Cibeira, presidente do noso club, Juan Carlos Fernández, vicepresidente da entidade, e Sergio García, recentemente renovado adestrador do conxunto laranxa.

Para gozar da rolda de prensa por completo, podedes dar click nesta ligazón: 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.