Sergio García: ?Queremos ter estilo propio como equipo?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa do noso técnico Sergio García, previa ao encontro deste domingo ás 18:00 en #OFornodeRiazor, que enfronta a Leyma Coruña e Chocolates Trapa Palencia.

O técnico vasco, ao ser preguntado polo club e o seu paso por alí (foi o último equipo que dirixiu na liga LEB Ouro, e ademais conseguiu o ascenso á liga ACB na tempada 2015-2016), recoñece ter uns recordos ?excelentes. Vounos a ter para sempre. O partido trátase dun reto importante. Palencia é un serio candidato ao ascenso, e temos un reto. Nós estamos preparados para poder competirlles. O noso obxectivo é gañar o partido, pero sabemos a dificultade porque eles empezaron realmente ben. É, probablemente, o equipo con máis talento ofensivo da competición e está a facer grandes partidos (?) Somos conscientes que temos que facer unha defensa case perfecta para ter opcións no partido. E iso é no que estamos a traballar e no que estamos concentrados?.

En referencia ao balance do equipo nestas primeiras xornadas, Sergio fai máis referencia a que se trata de ?unha carreira de fondo. Eu creo que o que máis me preocupa son as sensacións como equipo, e niso, eu creo que estamos a crecer claramente. O noso traballo diario, as sensacións nos partidos? son cada vez mellores, e aínda que gañemos ou perdamos partidos, o que queremos é ter un estilo propio como equipo, e eu creo que aos poucos, estamos a conseguilo, polo que, nese sentido, o balance está a ser positivo?.

Con todo, o técnico do Leyma Coruña, é cauto. Gañarlle a Palencia non suporía un cambio de obxectivos, ?cando terminas a liga, non ponche a quen lle gañaches, senón é sumar palitos. É dicir, gañarlle a Palencia conta o mesmo que gañar a un dos anteriores equipos. Se que é verdade que pola entidade do rival e por ser un candidato ao ascenso, se que nos pode servir a nivel de reforzo, como un reforzo dobre do traballo que estamos a facer e de crer aínda máis nese camiño a seguir. Ao final, estou convencido de que, é cando cheguemos aos 10 últimos partidos, aí é cando vemos onde estamos e onde podemos chegar. Aí é cando defines de todo, cal é o teu obxectivo. Ata entón queda moitísimo?.

En canto ao estado do persoal, Sergio indicou que Abdou e Perris (xogadores ?tocados? no partido de Canoe, pero que aínda así foron determinantes na vitoria), son os que aínda arrastran algún problema. Pero que ?estamos encantados con eles, porque a súa vontade é de non borrarse e de xogar. Non están perfectos e imos ver se o están para o día do partido. Eu estou tranquilo porque os vexo e transmítenme, que, aínda que non estean en perfectas condicións, van saír a dalo todo?.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.