Sergio García: "Queremos que o público nos siga axudando, especialmente aos xogadores, para sacar outro partido complicado que temos por diante?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García previa ao encontro deste domingo ás 18:00 en #OFornodeRiazor, ante o Cáceres Patrimonio da Humanidade e que corresponde á xornada 15 da liga LEB ouro.

Sergio comezou a rolda de prensa indicando que, ?tivemos uns días de descanso que nos serviron para desconectar, e algúns pasar intre coas familias, e iso vén ben para descansar o corpo, a mente??. En relación ao enfrontamento deste domingo ?xa estamos concentrados no partido contra Cáceres. Un rival directo para nós no noso obxectivo por entrar nos playoffs. E bo, eu creo que estes días lles viñeron ben aos xogadores e creo que están moi motivados co partido tan importante que temos por diante?.

Conforme á dinámica ascendente do Cáceres, o coach da entidade laranxa comentou que ?Cáceres está a facer unha tempada moi boa en canto ao seu nivel de xogo. Se que é verdade que ben partidos e analizando os resultados? Non tiveron a fortuna en moitos partidos igualados, en finais de partido, probablemente podían ter algunha vitoria máis. Eu creo que é un equipo con intensidade, alegre, que está a facer un baloncesto moi bo. Que están ben situados na clasificación e que mesmo, podería ser algo mellor. Creo que é un equipo moi perigoso, que está a competir moi ben na maioría dos partidos e que nos vai a esixir moito. Conta con xogadores de moita experiencia, xogadores que veñen empuxando moi forte? Eu creo que son un equipo moi forte que vén empuxando forte, completo, que fai bo baloncesto e que nos vai a esixir moito. Analizando por números somos equipos parellos nese sentido?.

Para finalizar, o técnico do equipo coruñés espera terminar o ano en #OFornodeRiazor ?confiamos en seguir na liña dos nosos últimos partidos en casa. Un partido completo en canto a intensidade, ritmo, levar a iniciativa do partido, que é algo que conseguimos na maioría dos partidos que xogamos ultimamente no Palacio e un pouco seguir por esa liña. Sentirnos arroupados, que o público nos siga axudando, especialmente aos xogadores, para sacar outro partido complicado que temos por diante?.