Esta mañá, antes de emprender rumbo a Madrid, para enfrontarse a Canoe mañá ás 20:00 en Peixe Voador, tivo lugar a rolda de prensa previa de Sergio García, o técnico de Leyma Coruña.
Nela, Sergio asegurou que despois da derrota antes Oviedo, ?analizamos o partido. Vímolo cos xogadores. En liñas xerais eu creo que estamos satisfeitos co traballo que fixemos. Hai aspectos que temos que ser capaces de xestionar mellor, pero en liñas xerais, eu creo que fixemos un bo partido, ante un bo rival?.
En referencia á semana, o técnico vasco indicou que ?non foi boa en canto a saúde física dos xogadores. Tivemos bastantes problemas nese sentido, e imos ver en que condicións chegan algúns dos nosos xogadores ao partido?. A pesar de que poida estar relacionado con xogar tres partidos nunha semana, ?moitas accións producíronse de forma fortuíta. Ata o último momento teremos dúbidas sobre se poderán xogar dúas ou tres xogadores?. E continúa dicindo que ?igual temos que modificar algunha cousa, pero o único no que estamos centrados é en que os xogadores sigan con ese nivel de concentración que tivemos nos últimos partidos para seguir por esa liña?.
Para terminar, Sergio refírese a Canoe como un rival con ?moita xente nova e moitísima enerxía no xogo, que necesita un tempo de adaptación nesta liga. Pero eu creo que teñen un nivel dun contra un, de enerxía, de tiro de tres puntos na posición de 4? Que teñen argumentos. E a pista, faise un tanto especial, como ocorre con Marín. Pistas un pouco diferentes?. En definitiva, ?esperamos un rival que sobre todo en casa sairá con moitísima intensidade e temos moi claro que para poder gañar en Canoe necesitamos facer un bo traballo?.