Sergio García: ?O equipo está concentrado e sabe da importancia que ten para nós o partido?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá venres ás 19:00 horas, correspondente á Xornada 14 fronte a Melilla Sport Capital.

O técnico do Leyma Coruña comezou falando sobre as dúas semanas de parón para o equipo. Sobre iso, indicou que ?para nós é unha sensación rara, que a outros equipos tamén lles tocou pasar por ela. Viñamos dunha boa dinámica e o parar de competir xunto coas dificultades que tivemos (con xogadores que tiveron que estar fóra, xogadores lesionados?) non conseguimos ter o ritmo de adestramentos que me gustou, pero xa estes dous últimos días o equipo está concentrado e sabe da importancia que ten para nós o partido, sabendo que nunca é fácil ir a Melilla e conseguir un bo resultado?.

Achega do rival, Sergio comentou que se trata de ?un club cunha traxectoria na liga moi potente. Conseguiron un posto de ascenso, son fixos nos postos de playoff, incluso final four. É un equipo con moito talento individual. Eu creo que agora ao recuperar a Dedovic, máis a fichaxe de Sikiras, fan un persoal con moito talento ofensivo, cun nivel físico moi bo, que ten un ritmo de xogo moi alto e iso convértelles nun equipo moi perigoso. Imos ver se somos capaces desde o salto inicial de adaptarnos rapidamente a ese ritmo de competición que eles teñen un pouco mellor que nós porque nas últimas semanas puideron competir?.

Por último, o adestrador do conxunto coruñés espera un partido no que ?eles van tentar pór un ritmo alto de xogo e nós temos que ser capaces de frear esas situacións rápidas nas que eles se atopan cómodos para xogar, e sobre todo, o que prevexo é unha loita ou competencia moi alta no rebote. Teñen ao mellor xogador no rebote da liga e logo xogadores que coñecemos como Kamba, Mikel Sanz? que son moi potentes no rebote ofensivo. Creo que eses dous detalles (tentar frear o ritmo alto que teñen e pelexar polo rebote) van ser as dúas situacións máis importantes para poder sacar unha vitoria alí?.