Sergio García: 'Imos ir con todo para poder sacar o partido de Marín'

Este mediodía tivo lugar a comparecencia de prensa do noso adestrador Sergio García, previa ao encontro deste mércores día 30 en Marín fronte ao Peixe Galego e que corresponde á xornada 6 da liga Leb Ouro.

Nela, o técnico laranxa incidiu en que se trata dunha semana curta e ?non hai tempo para preparar os encontros?. ?Os xogadores están encantados. Agora estamos focalizados no partido de Marín porque imos ter un rival realmente complicado. É unha pista complicada e imos ter que empregarnos a fondo?. Respecto ao partido ?vai ser un encontro difícil se non estamos ao máximo nivel en defensa e rebote?.

A pesar de que Marín aínda non gañou ningún encontro, o adestrador vasco indica que ?nalgún momento van gañar. É un equipo que compite e con argumentos. Ten unha batería exterior de grandes anotadores e nalgún momento van gañar. Polo que debemos ter o máximo respecto e a máxima concentración. Ademais, trátase dun equipo perigoso, que realiza accións rápidas e busca anotación desde o xogo exterior?. Así mesmo, sobre o pavillón da Raña, acentuou que ?é unha pista diferente e xunto co anterior, será unha situación especial?.

En relación ao equipo, e á chegada de Peciukevicius, Sergio di que ?os alicerces do equipo xa están. Non tivemos moita fortuna desde o principio da tempada nese aspecto, pero agora xa se pode ver un equipo. Gañaremos ou perderemos, pero a estrutura que queriamos, xa a temos?.

Ao ser preguntado sobre se dosificará xogadores, dada a proximidade do partido do domingo fronte a Oviedo, o técnico laranxa respondeu que ?non sei facer iso. Eu xusto cando termine o partido de Marín empezarei a pensar que o domingo hai outro partido e a ver como o facemos. Creo que, se pensamos máis aló do partido de Marín, equivocámonos. Esa é a miña forma de pensar. Imos ir con todo para poder sacar o partido de Marín?.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.