Sergio Garcia: 'Fáltannos moitos automatismos, pero estamos en condicións para ser competitivos'

Sergio García é contundente na rolda de prensa previa ao primeiro encontro da tempada: ?Fáltannos moitos automatismos, pero estamos en condicións para ser competitivos?. O encontro terá lugar este domingo ás 19:00 horas en #OFornodeRiazor, onde o equipo quere devolver o apoio que seguro a afección vaille a ofrecer, sobre todo, ao tratarse do primeiro encontro en casa.

Por esa mesma razón, Sergio indica que ?nótanse as ganas dos xogadores. Estou moi satisfeito de como se está desenvolvendo a semana. O equipo está a traballar ben?. Ademais ?a pretemporada foi pesada. Agora véselles con outro ánimo?, en relación ao estado do persoal de face a este encontro. Pola súa banda, indica que ?gustoume que fose máis longa. O problema estivo nas lesións (Mike, Jeff, Djuran)?.

Ao ser preguntado sobre o Lleida, asegura que co pivot Shaquille Cleare ?teñen un xogador diferencial na competición. Conseguiron renovarlle. A partir del xéranse moitas situacións?. E do partido do domingo di ?preocúpame que é un equipo que pode xogar con moita intensidade. Imos ter que facer un esforzo extra e imos necesitar sentirnos arroupados no noso campo. Necesitamos dominar o rebote e estar sólidos en defensa?.

Por último, o adestrador finaliza comentando que ?o equipo necesita roles. Falta aínda un xogador no persoal, pero os que estiveron, traballaron moi ben e estou satisfeito?.