Sergio García: ?Estamos a traballar con ilusión, crendo no que estamos a facer?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro do domingo ás 19:00h fronte a Covirán Granada, correspondente á terceira xornada de liga LEB Ouro da tempada 21-22.

Sergio García comezou dicindo que ?imos aos poucos, máis amodo do que nos gustaría, pero imos construíndo o equipo un pouco ás alancadas. Este inicio para nós agora mesmo é moi esixente, con tres partidos practicamente seguidos, dous fose de casa. Agora xogamos cun rival da entidade de Granada, que construíu un equipo para aspirar a todo. De entrada tanto eles como Estudantes son os favoritos á primeira posición da liga regular. Trátase dun rival moi potente que apoiado pola súa afección pois fai que sexa un desafío importante para nós. Pero estamos nun momento no que, sobre todo o que temos que facer é centrarnos en nós, en ir mellorando, ir collendo automatismos que nos sirvan para competir xa, que iso xa o estamos facendo, e para construír o equipo que queremos a un par de semanas vista. Creo que estamos a traballar con ilusión, crendo no que estamos a facer. Seguimos tendo moitos problemas para seguir adestrando 5 contra 5, pero o equipo traballou detalles do outro día para seguir mellorando?.

Sobre o rival e o recordo do pasado play-off, o técnico vasco indicou que ?a nós tráenos bos recordos, e non tan bos. No play-off fomos capaces de gañar o primeiro partido facéndoo moi ben, e o último escapóusenos nun amén. É unha pista na que todos teñen que gozar de xogar. É unha moi boa pista, cómoda, e ao mesmo tempo o público aperta, anímalles? É moi bo para calquera xogar nun campo do nivel de Granada. Os partidos do play-off pouco sérvennos a nós, pero si que eles manteñen a filosofía que tiveron o ano pasado, visto desde fóra o persoal está moi mellorada respecto o que tiñan o ano pasado e por tanto é un rival de primerísimo nivel?.